22 febrero, 2016

FAQ (Preguntas Frecuentes)

Preguntas e respostas 2017

1.- (Pregunta) Quería saber os prezos das tres andainas e como podo inscribirme.

(Resposta) No ano 2017 non hai inscrición centralizada. Deberá facer a inscrición na web de cada organizador. Os prezos tampouco foron acordados polo que dependerán de cada organizador. Os federados sempre terán un prezo máis económico pois xa están asegurados. Preténdese que para próximos anos poidamos facer un sistema unificado de prezos e inscrición.

 

 


PREGUNTAS E RESPOSTAS DE 2016 e anteriores.

1.- (Pregunta) Quero participar nas Andainas de 25 km. É necesario estar federado?

(XISTRA) Non. Estas probas son Open (abertas totalmente), polo que pode participar federados, socios doutros clubs e calquera persoa sen federar. O único requisito é ser maior de idade (ou maior de 16 anos acompañado polo seu titor). Para as persoas non federadas o club tramitará o seguro obrigatorio para a proba.

2.- (P) Temos unha dúbida sobre se un rapaz de 13 anos pode participar nas Andainas 25 que proximamente ides a organizar, xa que estariamos interesados en participar en familia nalgunha delas, pero o pequeno ten 13 anos. Se non fora posible, podería acompañarnos baixo a nosa responsabilidade?

(XISTRA) Para participar hai que estar en forma e ser maior de idade (ou maior de 16 anos acompañado polo seu titor). Non poden participar persoas fora de control por libre, xa que segundo o Artigo 22 da Lei do Deporte de Galicia (… As responsabilidades de carácter civil, penal ou administrativo que poidan derivar da realización do evento recaerán sobre os seus respectivos organizadores. …). A responsabilidade non vai sobre os pais, senón sobre nós. Polo tanto en Xistra temos decidido que non podemos asumir eses riscos. Sentímolo.

3.- (P) Quería saber se, a máis dos 3 premios en cada proba e os 3 da xeral, tendes previsto dar algún premio tipo medalla finisher ou similar ó resto dos participantes.

(XISTRA) Tódolos participantes que rematen cada proba recibirán un diploma certificando a finalización e o seu tempo total.

4.- (P) Acabo de ver o folleto do Open de Andainas de 25km, pero hai unha cousa que ou non a encontro ou non esta indicado, ¿como se consegue a puntuación en capa proba?, porque se fala dun máximo de 100 puntos, pero ¿como se conseguen os puntos?

(XISTRA) Os puntos (no inicio da proba) son 100 por participante. Cando se vai pasando polos controis van asignándose os tempos parciais. Canto máis regular sexas na velocidade en cada control máis puntos salvarás. Canto máis irregular sexas, máis puntos perderás.
O que se puntúa é manter a velocidade media.
Se se pasa por tódolos puntos de control seguindo a mesma velocidade media manterá os 100 puntos.
A puntuación é calculada mediante unha fórmula matemática que puntúa negativo as variacións de velocidade. Os puntos negativos restan dos 100 puntos iniciais.
O mecanismo é este: a máis regular máis puntos (e dá igual a velocidade, podes ir rápido ou lento, o importante é ser regular).